OS XOVES DE MODA: JAVIER GUTIÉRREZ BAYO

14

Hora: 19:00 h.

Lugar: Casa das Campás

 

Javier Gutiérrez Bayo (www.suturno.net)

 

Su Turno é un estudio creativo madrileño con marca propia, foemado por Julia Vergara e Javier Gutiérrez Bayo, onde traballan en ámbitos diferentes (moda, fogar, gráfica…) e sobre soportes moi distintos. Ademáis de para a propia marca, tamén deseñan para outros clientes, sobre todo no terreo do estampado téxtil, como Marc Jacobs, Baum und Pferdgarten, Norse Projects, Jocomomola, Loreak Mendian, Hoss Intropia, Indiwoman, Zara Home, Hakei, Graviti Zone ou Laga.

 

O ciclo "Os xoves de Moda" é un programa de formación complementaria que intenta ser un proxexto de continuidade e ten a vontade de introducir unha dinámica de transversalidade no ámbito dos Estudos Superiores  en Deseño Téxtil e Moda de Galiza. É unha fiestra aberta que lles permite aos estudante de ESDEMGA achegarse á realidade do sector téxtil a través do contacto con diferentes profesionais do ámbito do deseño e da moda, expertos en comunicación, produción, estilismo, etc. Dende a Direción de ESDEMGA e a Viecerreitoría do Campus de Pontevedra ponse en marcha un conxunto de seminarios, conferencias e encontros con recoñecidos profesionais vinculados con sector.En esta séptima edición dos Xoves de Moda as xornadas buscan potenciar o valor do obxecto único, do saber facer, da artesanía máis contemporánea reinterpretada dende unha visión experimental e innovadora.

Ver documento PDF