OS XOVES DE MODA: MARÍA ALMAZÁN MOLINA

25

Hora: 19:00 h.

Lugar: Casa das Campás

 

María Almazçan Molina ( www.marialamazan.com)

 

María Almazán é unha deseñadora galega que centra o seu traballo na procura dunha alternativa á producción téxtil que supón o uso de herbicidas , pesticidas, fertilizantes e demais productos químicos perigosos non só para a saúde dos traballadores que os manipulan senón tamén para os usuarios finais.

 

O ciclo "Os xoves de Moda" é un programa de formación complementaria que intenta ser un proxexto de continuidade e ten a vontade de introducir unha dinámica de transversalidade no ámbito dos Estudos Superiores  en Deseño Téxtil e Moda de Galiza. É unha fiestra aberta que lles permite aos estudante de ESDEMGA achegarse á realidade do sector téxtil a través do contacto con diferentes profesionais do ámbito do deseño e da moda, expertos en comunicación, produción, estilismo, etc. Dende a Direción de ESDEMGA e a Viecerreitoría do Campus de Pontevedra ponse en marcha un conxunto de seminarios, conferencias e encontros con recoñecidos profesionais vinculados con sector.En esta séptima edición dos Xoves de Moda as xornadas buscan potenciar o valor do obxecto único, do saber facer, da artesanía máis contemporánea reinterpretada dende unha visión experimental e innovadora.

Ver documento PDF