OS XOVES DE MODA: MIRIAM PONSA

16

Hora: 19:00 h.

Lugar: Casa das Campás

 

Miriam Ponsa (www.miriamponsa.com)

 

A marca Miriam Ponsa é moito máis que a creatividade dunha deseñadora independente. O taller no que realiza o seu traballo e a súa tenda en Manresa ocupan as instalacións da antiga fábrica Frnacesc Ponsa, onde a deseñadora desenvolve unha investigación constante, sen a cal non pode entender a moda. O seu proxecto comezou no 2000 coa reforma da antiga fábrica familiar, abandoada dende facía cinco anos. Unha década máis tarde as súas pezas pasearon polas pasarelas e performances de todo o Estado.

 

O ciclo "Os xoves de Moda" é un programa de formación complementaria que intenta ser un proxexto de continuidade e ten a vontade de introducir unha dinámica de transversalidade no ámbito dos Estudos Superiores  en Deseño Téxtil e Moda de Galiza. É unha fiestra aberta que lles permite aos estudante de ESDEMGA achegarse á realidade do sector téxtil a través do contacto con diferentes profesionais do ámbito do deseño e da moda, expertos en comunicación, produción, estilismo, etc. Dende a Direción de ESDEMGA e a Viecerreitoría do Campus de Pontevedra ponse en marcha un conxunto de seminarios, conferencias e encontros con recoñecidos profesionais vinculados con sector.En esta séptima edición dos Xoves de Moda as xornadas buscan potenciar o valor do obxecto único, do saber facer, da artesanía máis contemporánea reinterpretada dende unha visión experimental e innovadora.

Ver documento PDF