O Xulgado exculpa ao Concello dun verquido de formigón ao Gafos durante a construción da rotonda do Marco

42

A Xunta de Goberno Local recibiu esta semana unha sentenza do Xulgado do Contencioso que exculpa ao Concello de Pontevedra dun verquido de formigón ao alcantarillado do río Gafos rexistrado en novembro de 2009. Daquela, Augas de Galicia impuxo unha sanción ao Concello, ao atribuirlle o verquido, cando realmente foi realizado pola propia Xunta cando executaba a rotonda do Marco.

A sanción que impuxo a Xunta era de 13.500 euros.