O Concello de Pontevedra presentou esta mañá as I Xornadas por un medio rural galego vivo nun acto ao que asistiu o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores así como representantes de Adega, Fruga e da Federación galega de Comunidades de Montes presidida por Roberto Rivas. As xornadas desenvolveránse nos concellos de Pontevedra e Poio o venres 20 e sábado 21 de abril.
A programación do vernes desenvolverase no sala de comisións do Concello de Pontevedra a partir das 18.30 horas coa apertura da xornada de traballo inaugurada polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores. Ás 19.00 horas haberá unha mesa de traballo para a constitución da alianza rural e ás 21.00 horas unha cea de confraternización no Pazo da Cultura.
O sábado, 21 de abril a programación comezará ás 09.30 horas coa apertura das xornadas
10.00 horas Conferencia a cargo de Mar Pérez Fra, profesora da USC, sobre "Políticas de desenvolvemento rural".
11.30 horas. Mesa redonda "Un medio rural multifuncional e sustentable"
16.00 horas. Mesa redonda "Diversas experiencias de desenvolvemento rural" no que se exporán modelos de Soria, Portugal ou Baleares.
19.00 horas. Clausura das xornadas e presentación pública da alianza "Por un medio rural galego vivo".