TAMÉN A CHUVIA. CICLO “CINE EN GALEGO”

24

Lugar: Cinebox Vialia

Pases: mércores 3, 10 e 17 de maio.

Hora: 22 horas

Dentro da programación de Maio, Mes da Lingua. Prezo da entrada: 5 euros. Haberá vales de desconto que se repartirán nos comercios e empresas que participan na campaña Proba en galego ou no SNL do Concello de Pontevedra Tel. 986100185, ext. 7040. Máis información en probaengalego.blogaliza.org


Nesta película, dirixida por Icíar Bollaín en Galicia no 2010, 500 anos despois de Colón, paus e pedras enfróntanse de novo ao aceiro e á pólvora dun exército moderno. Só que esta vez non loitan polo ouro, senón polo máis simple dos elementos vitais: a auga. Pasado e presente, ficción e realidade, mestúranse e collen forma a través das decisións e do enfrontamento entre dous homes novos cuxas conciencias os guiarán ata onde nunca imaxinaran.