VILAMOR. CICLO “CINE EN GALEGO”

20

Lugar: Cinebox Vialia

Estrea: Venres 20 de abril, ás 19:45 h.

A data ata a que se manterá en carteleira ainda está por concretar.

 

O programa Cine en galego  desenvolverase nas vindeiras semanas nas salas de cine da cidade e tamén no Teatro Principal, no eido da programación "Maio, Mes da Lingua".

 

Estrea: venres 20 de abril. Estarán presentes o director Ignacio Vilar e os actores protagonistas, Rubén Riós, Sabela Arán e Xoel Yáñez. Ás 19.30 h haberá unha breve presentación por parte de director e actores protagonistas de cara os asistentes. Ás 19.45h comezará o pase de Vilamor.


• Pases
• de luns a domingo ás 17.15 h, 19.45h, 22.15 h
• venres e sábados ás 00.40 h, a maiores.


• Sinopse: Ano 1976, Breixo, un rapaz dunha vila das montañas de Lugo, atópase cunha comuna na aldea de Vilamor. Seducido pola idea dun estilo de vida alternativo, decide axudar aos recén chegados a recuperar a aldea. Mais non todos parecen destinados a vivir este soño de liberdade.

• Dirección: Ignacio Vilar
• Guión: Carlos Asorey Ignacio Vilar
• Interpretación: Rubén Riós, Sabela Arán, Mayka Braña, César Cambeiro, Xoel Yáñez, Paulo Serantes, Carlos Villa, Sheyla Fariña, Déborah Vukusic, Santi Romay, Tamara Canosa, Marcos Pereiro, Marta Lado, Uxía Morán, Rubén Prieto, María Roja, Santi Prego, Jorge Taboada, Noa Rodriguez, Mela Casal, Manuel Lourenzo.
• Xénero: Drama