O Concello poxa unha egua e un poldro abandonados en Ponte Sampaio

59

O Concello de Pontevedra sacará proximamente a poxa un lote de egua e poldro abandonados, recollidos recentemente pola Policía Local nunha finca privada da parroquia de Ponte Sampaio.

Un veciño do lugar deu aviso á Policía Local de que tiña retidas unha egua e un poldro na súa finca, logo de que estiveran facendo danos na finca e nas plantacións, polo lo que os axentes se achegaron ao lugar para recoller aos animais, e poñelos a disposición da Concellaría de Medio Ambiente.

Trátase de animais non identificados, dado que carecen de chip, e aínda que están marcados co número 14, o Concello non foi quen de identificar aos seus posibles propietarios. Seguindo o Regulamento para a administración e réxime das reses mostrencas de 1905 que obriga aos concellos a facerse cargo deste tipo de animais abandonados, o Concello sacará proximamente a poxa estes animais, nun único lote, por un prezo conxunto de 70 euros.

A poxa sairá publicada nos próximos días no Boletín Oficial de Pontevedra (BOP), e será dez días despois da súa publicación, na sala de comisións da Casa Consistorial, praza de España s/n.

As persoas interesadas en presentárense a esta poxa, deberán presentarse á poxa facendo o depósito previo na Tesourería municipal (trámite que se fai nese mesmo momento).