O Pazo da Cultura acolle este domingo o VII Encontro de Palilleiras

53

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle este domingo, 29 de abril, o VII Encontro de palilleiras da Cidade de Pontevedra organizado pola Asociación "A Fieitiña" e promovido polo Concello de Pontevedra.

O programa para este VII Encontro é o seguinte:

29 de abril

  • 10.00 Entrega de acreditacións
  • 11.00 Refrixerio
  • 12.00 Presentación e lectura do pregón a cargo de Teresa Casal
  • 14.00 Xantar
  • 16.00 Reparto de agasallos e diplomas
  • 17.30 Clausura