FESTA E CONCURSO DE MAIOS

40

Lugar: Praza da Ferraría

Hora: 11:00 h.

 

13 colectivos participarán o vindeiro martes, 1 de maio, no tradicional Concurso de Maios que se celebrará na praza da Ferraría a partir das 11 da mañá.

 

Os grupos participantes son:

1. Asociación cultural deportiva Campañó
2. Maio D`Paredes
3. Maio de San Xulián
4. Maio do Clube Deportivo da A.R. Xeve
5. Maio da Asociación recreativa de Xeve
6. Maio do CEIP Froebel
7. Maio CPI Domingo Fontán
8. Maio do Máis alto de Marcón
9. Maio dos do Pavillón de Cabanas
10. Maio viaxeiro de Cabanas
11. Maio CEIP Campolongo
12. Maio da Escola infantil Bolboretas
13. Maio Marcos da Portela

 


Nesta edición será a poetisa María Lado dará a Benvida ao maio. María Lado é escritora formada en filoloxía galega e produción audiovisual. Formou parte do Batallón Literario da Costa da Morte. A súa actividade literaria, ademais da poesía publicada e algúns relatos en edicións colectivas, céntrase en recitais e outros modos de acción poética pública.

 

Ademais da súa obra individual, textos seus foron incluídos en diversas antoloxías a nivel galego e fóra das nosas fronteiras. Algúns dos seus textos foron traducidos e publicados en castelán, portugués, catalán, ruso, irlandés e inglés. Outros aparecen en discos.

 

Colaborou en diversos medios, dende a Radio Galega, onde matiña un espazo semanal no programa Extrarradio, ata a prensa escrita. Na actualidade escribe unha columna de opinión no xornal dixital Praza Pública.

 

A súa obra poética está composta polos títulos individuais: A primeira visión (1997), casa atlántica, casa cabaret (2002), berlín (2005), berlín (audiolibro, 2007), nove (2008), amantes (2011).

 

O seu traballo como actriz valeulle unha nominación ao premio María Casares polo papel de Girleen en Oeste Solitario, obra dirixida por Quico Cadaval.

Ver documento PDF