Comeza Maio mes da Lingua

72

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría, como aquelas froito do traballo de diferentes asociacións e colectivos do concello, sensibilizados coa promoción da lingua galega.

A programación para este mércores, 2 de maio é:

  • Billarda no CEIP de Lérez: 9015 horas. Orzaniza a Concellaría en colaboración coa Asociación Eco-cultural Bateas.
  • Atopa o erro: Concurso sobre a lingua no comercio de Pontevedra, do 2 ao 18 de maio. Organiza CCU Zona Monumental e colabora a Concellaría.
  • Presentación do libro Seara. Obra poética completa (1971-2011) de Vázquez Pintor. Con Miguel Anxo Fernán Vello, Xico de Cariño e Xosé Vázquez Pintor. Ás 20.30 horas no Pazo de Mugartegui. Organiza a Asociación Maio longo e a Concellaría, e colabora Espiral Maior.