A Comisión de Infraetruturas felicita á Policía Local polos bos resultados de 2011

47

A comisión de Infraestruturas trasmitiu esta mañá unha felicitación expresa á Policia Local de Pontevedra a través do intendente principal que asistiu esta mañá á reunión para presentar a memoria da Policía Local 2011.

A concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva, na presentación da memoria destacou o labor policial como apoio á sociedade para mellorar a calidade de vida dos pontevedreses. Logo de analizar os datos do ano 2011, a Policía Local resulta imprescindible para o bo funcionamento do concello e é o servizo que máis contacto ten coa sociedade. De feito, durante 2011 recibiu 32.650 chamadas tanto para solicitar a colaboración dos axentes como para facer calquera denuncia ou achegar información.

Das diferentes áreas da memoria destácase na área de seguridade que Pontevedra é unha cidade tranquila e que a sociedade ten un enorme respecto ao desenvolvemento da vida no sector público. Sobor dos locais de ocio, tamén se releva un elevado cumprimento da normativa por parte da hostelería o que permitie desmitificar esta suposta problemática.

Sobre a áreade tráfico, Carme da Silva destacou que todas as medidas de calmado de tráfico que está a pór en marcha o Goberno Local poñen de manifesto a súa eficacia, tanto polo número de accidentes, como pola súa gravidade ou falecementos. "Imos seguir traballando para que estas tendencias siguan á baixa como nestes anos", concluíu a concelleira.