Billarda e Cinema en galego, mañá en Maio mes da lingua

43

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría, como aquelas froito do traballo de diferentes asociacións e colectivos do concello, sensibilizados coa promoción da lingua galega.

A programación para este xoves, 3 de maio é:

• Billarda no CEIP Parada-Campañó. 9,30 horas. Organiza Concellaría de NL Concello de Pontevedra. Colabora Asociación Eco-Cultural Bateas. Contactos: CEIP Parada Campañó (986 870 256) e Xan, da Asociación Eco-Cultural Bateas (659 553 543).
• Cinema en galego “Tamén a chuvia” 22 horas Cinebox Vialia. Vales de desconto de 1 euro nos comercios da campaña Proba en Galego. Organizan Cineclub Pontevedra e Concellaría de NL.Concello de Pontevedra. Colabora Cinebox Vialia. Contactos: Ana do Cineclube Pontevedra (608 883 674).

Programa completo en : http://www.pontevedra.eu/pub/documentos/20120430030443_maio-mes-da-lingua.pdf