O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores entregou esta mañá os premios do II Certame de Erotismo de Noites Abertas, do que resultou gañadora Ángela Ogando, pola súa fotografía titulada "On Award".
O xurado do certame, ao que se presentaron obras escritas, de fotografía e de pintura, escolleu dúas fotografías como gañadoras do 1º e 2º premios deste ano, e casualmente coinciden na mesma autora. Os premios consisten en estancias de fin de semana para dúas persoas nun spa galego, e a obra gañadora será entregada á súa autora polo Alcalde e o concelleiro de Xuventude, Demetrio Gómez.