O Concello pechará a rede de saneamento en 5 parroquias do rural

83

O Concello de Pontevedra está a elaborar proxectos de saneamento de oito parroquias do rural por valor de 1.260.464,05 euros. As parroquias beneficiadas serán Mourente, Tomeza, Campañó, Santa María de Xeve, Ponte Sampaio, Cerponzóns, Lérez e Canicouva. Con estas obras pecharase o saneamento en cinco das parroquias do rural.

Segundo explicou o portavoz do Goberno, o obxectivo é pechar toda a rede de saneamento para que poida entrar en funcionamento de inmediato. As parroquias nas que se pechará a rede son Tomeza, Lérez, Ponte Sampaio, Canicouva e Mourente.

Raimundo González explicou que "o Concello poida facer un investimento superior ao millón de euros nos tempos que corren, é unha boa noticia". Lembrou que con esta inversión estanse prestando servizos, contratando obra e xenerando postos de traballo.