Volve a programación de Maio, mes da lingua con Billarda en Campolongo

59

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría, como aquelas froito do traballo de diferentes asociacións e colectivos do concello, sensibilizados coa promoción da lingua galega.

A programación para este martes, 8 de maio é:

• Billarda no CEIP de Campolongo. Hora: 9.30 h. Organiza: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra. Colabora: Asociación Eco-cultural Bateas