Conferencia sobre Paz Andrade en Maio, mes da lingua

78

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría, como aquelas froito do traballo de diferentes asociacións e colectivos do concello, sensibilizados coa promoción da lingua galega.

A programación para este xoves, 10 de maio é:

• Billarda no CEIP de Xeve. Hora: 11.45 h Organiza: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra. Colabora: Asociación Eco-cultural Bateas
• Inauguración da exposición “Castelao para nenos e nenas” no CEIP San Martiño do 10 ao 23 de maio. Organiza: CEIP San Martiño, Salcedo. Colabora:  Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.
• Conferencia “Vida e obra de Paz Andrade” por Xan Carballa. Ás 20.30 h no local social do Burgo. Organizan: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra e Asoc. Sociocultural O Burgo. Colabora: Editorial Galaxia
• Cinema en galego “Tamén a chuvia”. 22 h, Cinebox Vialia
Prezo da entrada 5 EUR. Vales desconto de 1 EUR nos comercios da campaña /Proba en Galego/ *(https://probaengalego.blogaliza.org/)*
Organizan: Cineclube Pontevedra e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.Colabora: Cinebox Vialia.