O alcalde e o conselleiro de infraestruturas visitarán a ponte das Correntes o vindeiro martes

35

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández visitarán os avanzados traballos da ponte das Correntes o vindeiro martes, 15 de maio, ás 17.00 horas. Así o confirmou esta mañá o concelleiro de infraestruturas, César Mosquera quen tamén informou que o propio conselleiro confirmou a entrevista solicitada polo alcalde o pasado mes de outubro para o 31 de maio, en Santiago ás 14.00 horas para falar de diversos temas en relación á cidade de Pontevedra, especialmente aos controvertidos pagos da ponte das Correntes.

César Mosquera explicou esta mañá que estas novidades son “un paso adiante” e supuxo que a Xunta reconduciu a liña de bloquear sistematicamente ao municipio de Pontevedra “porque entenderon que as relacións institucionais por aí, ían mal”.