Pontevedra traslada a súa experiencia do Camiño escolar aos concellos de Huesca

57

O Concello de Pontevedra foi convidado a participar mañá na X Xornada Rete 21 organizada en Barbastro (Huesca) pola Rede de entidades locais pola sostenibilidade do Altoaragón que abordará o Camiño Escolar. A asistencia foi presentada esta mañá polo concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera que acudirá a este encontro en compañía do intendente principal da Policía Local Daniel Macenlle para falar da “Integración de la movilidad escolar en las políticas municipales”.

A intervención da delegación pontevedresa abordará a necesidade de facer un enfoque xeral de cidade e de coordinación de todos os servizos municipais para traballar na mesma dirección. E tamén se exporá o modelo concreto do camiño escolar do colexio Álvarez Limeses.

César Mosquera destacou que “o modelo de Pontevedra empeza a ser coñecido o que para  nós é un motivo de satisfación”. Tamén agradeceu que Pontevedra fose covidada a esta xornada “porque temos moito que ofrecer, pero tamén moito que aprender”.

Para máis info: www.rete21.es