Zafarrancho de limpeza en Xoán Bautista Andrade

44

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa esta semana cos zafarranchos de limpeza. Nesta semana continuarase coa limpeza do barrio do Burgo na rúa Xoán Bautista Andrade, dende a avenida da Coruña ata a rúa da Torre.

Os traballos desenvolveranse na madrugada e na mañá do xoves.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocáronse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona. A prohibición é efectiva dende esta tarde.

  A limpeza desenvolverase con varredoras, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.