Exposicion sobre Castelao en Maio, mes da lingua

62

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría, como aquelas froito do traballo de diferentes asociacións e colectivos do concello, sensibilizados coa promoción da lingua galega.

A programación para este vernes, 11 de maio é:

• ROTEIRO DOS BOLECHAS coa escola infantil da Parda. Saída ás 10 horas desde a praza da Peregrina. Organizan: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra e ANPA Cucú da escola infantil da Parda.
• INAUGURACIÓN da exposición Castelao e nós do 11 ao 25 de maio no Colexio Sagrado Corazón. Organiza: Sagrado Corazón. Colabora: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.
• CONCERTO Festa da Lingua. Ás 21.30 h no local social da Revira. Organiza: Asociación cultural A Revira.