Rescindido o contrato da canceira

40

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá a autorización da continuidade do contrato de consultoría e asistencia para a prestación dos servizos complementarios e de colaboración na xestión recadatoria municipal en periodo executivo para a xestión administrativa e recadación das multas de tráfico a empresa Recigest.

Segundo explicou o portavoz do Goberno, o contrato de Recigest venceu e está en tramitación o novo contrato. Mentres non se adxudica, a Xunta de Goberno acordou prorrogar o anterior contrato ata formalizar o novo, e sempre que non exeda do 31 de decembro de 2012.

O segundo e último punto da orde do día foi a resolución do contrato da construción do novo refuxio de animais de Pontevedra en San Vicente de Cerponzóns. O contrato resólvese de mutuo acordo seguintes cláusulas: o contratista comprométese a realizar no prazo de 15 días as obras de reposición necesarias para devolver o terreo ao seu estado orixinario e a devolver o adianto por acopios por valor de 353.000 euros. Pola súa banda, o Concello se compromete a pagar as obras realizadas e por realizar, así como por devolver a garantía de obra.

Polo tanto, o Concello deberá pagar 102.000 euros á empresa polos traballos.

Cabe lembrar que o proxecto do novo refuxo tiña un custe de 913.000 euros e estaba previsto unha modificación do proxecto que o elevaría a máis dun millón de euros.