Ampla oferta cultural para esta fin de semana en Maio, mes da lingua

67

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría, como aquelas froito do traballo de diferentes asociacións e colectivos do concello, sensibilizados coa promoción da lingua galega.

A programación para esta fin de semana é a seguinte:

Sábado, 12 de maio

• FESTA DA LINGUA
o 11.30 a 14 h praza da Ferraría: Xogos populares, libros viaxeiros, regueifas, contacontos, lectura dun comunicado, obradoiro de billarda
o 16.30 h a billarda trasládase ao pavillón da Cañota (Marín) onde terá lugar o último aberto de billarda da tempada na conferencia sur.
o 19.30 h local social da Revira: palestra "O galego e o bretón" con Robert Neal Baxter. Organiza: Asociación cultural A Revira.
Colabora: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.
• CONFERENCIA Barriga Verde: monicreques en galego, por Xaime Iglesias. Ás 20.30 h na Casa da Cultura de Lérez. Organiza: asociación cultural Cedofeita de Lérez.

Domingo, 13  de maio

• OBRADOIROS de creación de instrumentos musicais con vexetais. Saída ás 10.30 h desde a ponte da Condesa, no río dos Gafos. Os menores deben ir acompañados; cómpre levar navalla. Organiza: Os Chichisos. Inscricións: 676842942 (Tamén está aberto o prazo de inscrición para o obradoiro que se desenvolverá o domingo, 20 de maio).

Luns, 14 de maio

• XINCANA LINGÜÍSTICA. Pescando palabras, cociñando poemas (Valentín Paz Andrade). Ás 9.15 h no adro da igrexa de Verducido. Organizan: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra, Etnoga e EEI Verducido
• EXPOSICIÓN “Mostra bibliográfica sobre Valentín Paz Andrade”. Do 14 ao 26 de maio na Biblioteca Pública. Organiza: Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola.
• CONCERTO Quempallou e Banda D´Além. Ás 21 h no Teatro Principal. Entrada de balde ata completar aforo. Organiza: Concello de Pontevedra.