Esta fin de semana comezan os traballos de asfaltado da Ponte das Correntes. Inícianse pola glorieta da avenida de Domingo Fontán. Será mañá, sábado, 12 de maio, a partir das 08.00 horas e cunha previsión de toda a xornada.
A Policía Local fará cortes alternativos de tráfico durante a xornada, e no caso de que se produzan retencións importantes, podería chegarse a cortar o tráfico no sentido de entrada á cidade. Sempre permanecerá aberto en direción saída.
Tamén na xornada de mañá está previsto botar a primeira imprimación de impermeabilización do taboleiro da ponte.