Conferencias e radio en Maio, mes da lingua

44

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría, como aquelas froito do traballo de diferentes asociacións e colectivos do concello, sensibilizados coa promoción da lingua galega.

A programación para este martes, 15 de maio é:

• PROGRAMA DE RADIO EN DIRECTO ESPECIAL LETRAS GALEGAS. Ás 12.30 h no IES A Xunqueira 1.Organiza: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra. Colaboran: Onda Cero Radio e IES A Xunqueira 1.
• CONFERENCIA A matria poética de Valentín Paz Andrade, por Carlos Callón. Ás 19.30 h na biblioteca pública.Organiza: biblioteca pública de Pontevedra Antonio Odriozola.
• CONFERENCIA Paz Andrade, por Xesús Portas Ferro e Xosé Álvarez. Ás 20.30 h no local social do Burgo. Organiza: Asociación Sociocultural O Burgo.