Maio, mes da lingua homenaxea a Paz Andrade nas vésperas do Día das Letras

31

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría, como aquelas froito do traballo de diferentes asociacións e colectivos do concello, sensibilizados coa promoción da lingua galega.

A programación para este mércores, 16 de maio é:

• PROGRAMA DE RADIO EN DIRECTO ESPECIAL LETRAS GALEGAS. As 12.20 h no IES Luís Seoane. Organiza: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra. Colaboran: Cadena Cope e IES Luís Seoane
• LECTURA DO MANIFESTO Vitaminas para o galego. Ás 17 h diante da Casa do Concello (rúa Michelena 30). Organizan: Vitaminas para o galego e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.
• ENTREGA DE PREMIOS dos certames de microrrelato da Escola Oficial de Idiomas. Ás 18.30 h na Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Organiza: Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Colabora: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
• CONTACONTOS galegos da tradición oral e Poemas de Paz Andrade, con Xesús Portas Ferro e varios veciños/as e socios/as. Ás 20.30 h no local social do Burgo. Organiza: Asociación Sociocultural O Burgo
• CONCERTO do Día das Letras Galegas da Filharmonía de Galicia. Ás 20.30 h no Pazo da Cultura. Dirixe: Maximino Zumalave. Textos de Celso Emilio Ferreiro musicados por  Antón García Abril, caderno de bitácora de Valentín Paz Andrade, e cantata das cantigas sobre textos de Rogelio Groba. Organiza: Consello da Cultura Galega e Concellaría de Cultura do Concello de Pontevedra.