O areneiro de Barcelos, listo para o verán

65

O parque infantil de area de Barcelos está dende hoxe totalmente renovado, logo de que a Concellaría de Medio Ambiente repuxera toda a area e tamén os xogos escavadores substituíndo aos anteriores que xa presentaban algunha deficiencia. Cabe lembrar que os parques infantís de Barcelos son os máis empregados de toda a cidade.

A concelleira Anxos Riveiro visitou esta mañá o parque que estará aberto aos nenos esta mesma tarde unha vez rematados os últimos traballos de aireación da area. Cabe lembrar que a concellaría realizou o pasado mes traballos de retirada e substitución da area de todos os parques infantís destas características en todo o concello, tanto na zona urbana como no rural.

Con estes traballos mellórase a vida útil destes espazos lúdicos para os nenos e prepáranse todas estas áreas de cara a primaveira e ao verán, que son a época do ano na que estes espazos teñen máis usuarios.