O Concello celebra o Día internacional dos Museos cunha programación especial de visitas ao CITA e ao Espazo arqueolóxico de Santa María

65

O concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará presentou esta mañá as actividades organizadas polo seu departamento con motivo do Día Internacional dos Museos. É un programa especial de actividades arredor do CITA e do Espazo Arqueolóxico do Campiño de Santa María.

A programación é a seguinte:

• Presentación do CITA a asociacións empresariais e centros educativos de Pontevedra.
o Martes, 15 de maio ás 13.30 horas. Presentación a empresas e asociacións de empresarios.
o Martes, 15 de maio ás 18.30 horas. Presentación a centros educativos de primaria e secundaria da comarca de Pontevedra.
• Venres, 18 de maio. Día internacional dos museos
o Portas abertas de entrada gratuíta no CITA en horario de 10 a 14 e de 18 a 21 horas.
o Visita con actuación musical Perkuka dúo ás 22 e ás 23 horas.
• Sábado, 19 e domingo, 20 de maio
o Visitas guiadas ao CITA e ao Espazo arqueolóxico do Campiño de Santa María. Sábado ás 20 e 22 horas; Domingo, ás 12 horas.
• Para participar nas actividades do vernes, sábado e domingo é preciso reserva previa no teléfono 986 090 677