Obradoiro de cantos de arrolo en Maio, mes da lingua

74

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría, como aquelas froito do traballo de diferentes asociacións e colectivos do concello, sensibilizados coa promoción da lingua galega.

A programación para este vernes, 18 de maio é:

• OBRADOIRO DE CANTOS DE ARROLO. De 17 a 19  h na escola infantil da Parda. Organiza: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra
Colaboran: escola infantil da Parda e Central Folque.
• GALEGOTE ROCK CONCERTO DE ZËNZAR. Ás 22 h na Sala Karma. Prezo: 6 EUR. Organizan: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra e Sala Karma.
• ATOPA O ERRO! Remate do concurso sobre a lingua no comercio de Pontevedra. Organiza: CCU Zona Monumental. Colabora: Concello de Pontevedra.