Campus de Iniciación ao Waterpolo

59

Lugar: Centro Deportivo Sociocultural Militar Campolongo (R/Luis Braille)

Horario: de 09:30 a 12:30 h

 

O Club Waterpolo Galaico Pontevedra organizará un ano máis o CAMPUS DE INICIACIÓN AO WATERPOLO do 25 ao 29 de xuño de 2012, con horario de 09:30 a 12:30 h.

O campus terá lugar nas instalacións do Centro Deportivo Sociocultural Militar Campolongo (R/Luis Braille, xunto aos edificios da Xunta). Estas instalacións, no centro de Pontevedra, contan con 3 piscinas descubertas de diferentes tamaños, zona axardinada para xogos, ximnasio, sala de vídeo, pistas de tenis, pistas de pádel e pista polideportiva descuberta.

O campus está destinado a nenos e nenas nados entre 2001 e 2003 que saiban nadar un mínimo de 25 metros sen axuda de material e que teñan ganas de aprender e divertirse co waterpolo.

En cada sesión haberá unha primeira parte teórica dunha unidade didáctica con vídeos e contados en inglés.

A parte de actividades acuáticas (waterpolo) estará relacionada cos contidos teóricos, tendo como principal compoñente o aspecto lúdico e que os alumnos adquiran uns coñecementos prácticos mínimos do waterpolo.

Antes da despedida haberá un pequeño almorzo: refrescos e barriñas de cereais.

Haberá dous grupos de nivel por idades: 8-9 e 10-11 anos.

O campus desenvolversase gracias a colaboración do Centro Deportivo Sociocultural Militar Campolongo, Cocacola Bengano, Gadis e Feiraco.

A cota de inscrición será de 50 € por neno/a. A inscrición inclúe a participación nas 5 xornadas do campus, merenda e refrescos. Haberá un máximo de 40 prazas, polo que as inscricións se cubrirán por rigurosa orde de recepción da documentación.

Para inscribirse haberá que pagar a cota de inscrición e cubrir os datos da ficha de inscrición na oficina do Club Natación Galaico (R/Matos s/n – Complexo Deportivo Rías do Sur – Pontemuíños).

Para máis información podedes descargar o folleto informativo

 

Ver documento PDF