Curso “A arte como recurso” para profesionais das asociacións da cidade

44

Lugar: Casa Azul

Horario: Venres 25 de maio de 16.00 a 21.00 h | Sábado 26 de maio de 09.00 a 14.00 h | Venres 1 de xuño de 16.00 a 21.00 h | Sábado 2 de xuño de 09.00 a 14.00 h

Duración: 20 horas

 

A Concellaría de Benestar Social Municipal organizan a vindeira semana o curso “A arte como recurso” para profesionais que traballan nas asociacións do eido social na cidade.  Pretende ser un espazo de formación e intercambio plantexado para dotar aos/ás profesionais do eido social de ferramentas para traballar con persoas con problemáticas de diversa índole a través do desenvolvemento creativo empregando diferentes técnicas para reflexionar sobre os procesos internos, sentimentos e emocións dos e das usuarios e usuarias da súas entidades.

Nesta acción se producirá unha abordaxe global a partir dunha formación teórica básica á que se engaden diferentes disciplinas, como a música, o teatro ou a expresión plástica, nun marco de intervención único que toma como partida a individualidade de cada profesional e a interacción con outros profesionais.

Entre outros, os obxectivos desta formación será o de dotar de recursos innovadores ós/as profesionais do eido social do concello de Pontevedra favorecendo a interación entre os seus profesionais á vez que se fomenta o emprego de novos recursos que potencien o benestar integral dos/as seus usuarios/as mediante o traballo creativo e artístico.

A duración desta acción formativa será de 20 horas e impartirase na Casa Azul por técnicos especialistas das áreas de psicoloxía, arteterapia, teatro terapéutico e musicoterapia.

A Concellaría oferta 20 prazas dispoñibles para profesionais das asociacións da cidade de Pontevedra. A inscripción debe realizarse remitindo un correo a pgonzalez@concellopontevedra.es indicando os datos persoais e de contacto,  titulación e entidade na que traballa.