Xornada de divulgación e recoñecemento de especies no rio Gafos

57

Punto de encontro: Estación de autobuses de Pontevedra

Hora: 10:00 h

Participación aberta e de balde para tódalas persoas que o desexen.

 

Xornada de divulgación da Asociación Vaipolorío. Recoñecemento e catalogación das diferentes especies animais que habitan nas augas do río Gafos.

 

Vaipolorío ten previsto facer unha saída de análise biolóxica seguindo o calendario establecido desde a Entidade coordinadora Proxecto Ríos, dependente da asociación galega ADEGA, é a Entidade que coordina tódolos traballos englobados no Proxecto Ríos e que abrangue a tódolos ríos de Galicia que foran apadriñados por os distintos colectivos que se comprometeron no seu día. A información que recaba a coordinadora é de inspección de ríos. Seguindo o programa recóllense unha serie de datos relativos aos elementos vivos do río e maila súas ameazas, como vertidos, por exemplo. Ademais faise unha descrición do seu patrimonio material e inmaterial. Recollidos estes datos na primavera e no outono As análises biolóxicas BMWQ (Biological monitoring water quality), son, como indica o seu nome, o mellor medidor da calidade das augas de un río. Este tipo de análise biolóxica de macroinvertebrados, faise en diversos tramos do río. Hai especies como os besbellos (futuras libélulas) que precisan de augas limpas e ben osixenadas, mentres outras toleran mellor, espacios con certos índices de contaminación. E non so isto, se non, que as primeiras poden desaparecer por anos, ante un vertido; mentres que as outras colonizan moito antes as augas contaminadas. A periodicidade das análises, márcanos o longo dos anos a degradación, ou pola contra, a recuperación das augas do río.

 

Máis información no teléfono 639.813.645 (Juan Ramón López – Vaipolorío).