Xornada de Traballo “O rural que queremos” desenvolvemento iniciativas privadas sostibles

67

Lugar: Casa de Cultura do Salgueiral, Bora

Hora: de 09:30 a 14:30 h

Actividade de balde

 

Esta primeira Xornada de Traballo “O rural que queremos” quere ofrecer un espazo de encontro, de diálogo e de exposición da diversidade de iniciativas privadas  que están contribuíndo a activar, ó tempo que conservar, os recursos específicos do rural.

Coñeceremos o traballo que están a facer catro entidades, catro estratexias diferentes de conservación e posta en valor dos recursos naturais locais: Hifas da Terra, Ancares de Meu, Fundacion Fragas do Mandeo e Amigos da Terra.

Os participantes sodes clave nesta xornada porque despois das exposicións, realizaremos tres mesas de traballo sobre os elementos necesarios no desenvolvemento de iniciativas privadas sostibles: os medios –qué temos-, as estratexias –cómo o facemos- e a as persoas –a quén precisamos-:

Programa

9:30h Recepción e acreditación dos participantes á Xornada

9:40h Presentación e apertura das xornadas a cargo de Jose Bravo, presidente da Comunidade de Montes do Salgueiral, Bernardo Quinteiro, presidente da Asociación de Veciños do Salgueiral e Demetrio Gómez, concelleiro de Normalización Lingüística  do Concello de Pontevedra

10h Presentación de paneis de traballo: as asociacións, as empresas e os veciños. Modera: Jose Bravo

10:05h Esteban Sinde, director da área de medio ambiente da empresa Hifas da Terra (Bora, Pontevedra)

10:25h Amigos da Terra – Centro de Educación Ambiental As Corcerizas (San Mamede, Ourense)

10:45h Pausa café

11:15h Amelia Amigo, Gertrudis Pardo, Mariló Ramos y Elba González de Ancares de Meu (Cervantes, Lugo)

11:35h Fernando Bandín, da Fundación Fragas do Mandeo (Oza dos Rios, Betanzos, A Coruña)

11:55h Conclusión. Rolda de preguntas

12:15h Inicio mesas de traballo. Coordina Anias. Creación das mesas de traballo para analizar diversos aspectos traballados durante a xornada coa fin de ofrecer un espazo de relación e debate creativo e dinámico.

13:30h Presentación das conclusións das mesas de traballo e peche da xornada a cargo de Demetrio Gómez.

14:30h Peche da Xornada O rural que queremos.Xantar opcional na Taberna A do Bernardino

 

Organización e contacto
Anias Xestión Sociocultural – Rúa Echegaray 39, baixo, Pontevedra, 36002. Teléfonos: 986 86 45 98  – 689 12 88 52  – aia@anias.es
https://aniasociocultural.wordpress.com/

Inscricións
As persoas interesadas en participar deberán mandar un e-mail a aia@anias.es co seu nome completo, DNI e teléfono ou chamando ó 986 86 45 98. Ó finalizar a xornada entregaráselles un certificado acreditando a súa participación na mesma.

Esta xornada é gratuíta grazas ó apoio de tódalas entidades privadas que colaboran coa súa participación na realización deste evento, así como do Concello de Pontevedra que fai posible a realización de pequenas iniciativas coma esta.