Éxito de público nas xornadas de portas abertas do CITA con motivo do Día internacional dos museos

65

As xornadas de portas abertas gratuítas do CITA, organizadas pola Concellaría de Patrimonio Histórico con motivo do Día internacional dos museos, están resultado todo un éxito de asistencia. A elevada demanda obrigou a ampliar o número de pases previstos incialmente, de tal xeito que na xornada de hoxe poderán pasar polo CITA arredor de 400 persoas.

Na xornada de hoxe os horarios de apertura eran de 10 a 14 horas e de 18 a 21, pero houbo que habilitar un pase ás 17 e dobre sesión ás 21.00 horas. Ademais haberá visitas nocturas ás 22 e ás 23 horas complementadas coa actuación musical do grupo Perkuka Dúo.

As prazas están practicamente ocupadas, e estase a incrementar o número de persoas por pase.

O sábado e o domingo tamén se organizan visitas guiadas ao CITA e ao Espazo arqueolóxico do Campiño de Santa María. O sábado serán ás 20 e as 22 horas, e o domingo ás 12 horas.

Para participar en todas estas actividades será preciso reserva previa no teléfono 896 090 677.

A Concellaría fai unha valoración moi positiva da primeira xornada de portas abertas, de tal xeito que xa baralla a posibilidade de volver a repetilas nun futuro, especialmente as de fin de semana e as nocturnas.