CAMPAMENTO DE NATUREZA E TEMPO LIBRE. PONTEVERÁN 2012

117

Lugar: Albergue de Quiroga (Lugo)   

www.alberguedequiroga.com

 

PRE-INSCRICIÓN e SORTEO de prazas. Debido á súa grande demanda, o sistema de asignación de prazas realizarase mediante sorteo público.

 

SÓ PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DE PONTEVEDRA, agás no caso de acollemento de nenos/as.

 

O campamento desenvolverase no municipio de Quiroga no sur da provincia de Lugo, punto de unión entre a bisbarra da Serra de Caurel e a Ribeira Sacra e inmerso nun privilexiado marco natural que conta cun notable legado histórico-artístico.

 

As actividades son escollidas e organizadas para favorecer o coñecemento do mundo natural e potenciar actitudes cara a autonomía, a responsabilidade, o compañeirismo na convivencia e o traballo en equipo.

 

O programa de actividades inclúe rutas en canoa, actividades de orientación e aventura,  botánica, sendeirismo, obradoiros, grandes xogos, deportes, visitas culturais, veladas…

 

IDADES: 9 -14 anos (nados 1998-2003)

 

DATAS: do 6 ao 15 de xullo

 

PRAZAS: 50 en total

 

COTA DE PARTICIPACIÓN: 90 € (custo real 301 €)

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu

Ver documento PDF