CAMPAMENTO EN SALCEDO. PONTEVERÁN 2012

66

Lugar: colexio Cabanas-Salcedo

 

Campamento que se desenvolverá na parroquia de Salcedo, con actividades de aire libre, xogos, deportes alternativos e tradicionais, xincanas, obradoiros, sendeirismo, día de praia, xogos de natureza, visitas e unha acampada en tendas.

 

IDADES: 8-12 anos (nados 2000-2004)

 

DATAS: de luns a venres do 30 xullo ao 3 de agosto

 

HORARIO: de 10 a 14 h. de luns a mércores. Acampada con saída o xoves 2 ás 9,30h e regreso o venres 3 ás 19,30h.

 

PRAZAS: 30

 

COTA DE PARTICIPACIÓN: 20 € (custo real 97 €)

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu

 

As INSCRICIÓNS ORDINARIAS faranse POR RIGOROSA ORDE DE CHEGADA E A PARTIR DO 7 DE XUÑO. Daranse  48 horas de prazo para formalizar a inscrición dende a entrega da documentación.

 

PRIORIZARANSE PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DE PONTEVEDRA, agás no caso de acollemento de nenos/as. As demais persoas interesadas  poderán inscribirse por orde de chegada na listaxe de espera de cada actividade. 

 

Só se entregarán 2 FICHAS DE INSCRICIÓN POR PERSOA, agás no caso de familiares directos e no campamento de Salcedo.

 

DEVOLUCIÓN DA COTA DE INSCRICIÓN  só cando esta sexa anulada e se xustifique adecuadamente por causas médicas ou laborais e antes do inicio da actividade.

Ver documento PDF