CAMPAMENTO POLIDEPORTIVO. PONTEVERÁN 2012

45

Lugar: Pavillón Municipal dos Deportes (lugar de concentración). As actividades terán lugar en diversas instalacións deportivas municipais.

 

A súa temática xira ao redor da actividade física, así, mozos e mozas tomarán contacto con deportes como piragüismo, esgrima, escalada, hípica, patinaxe, beisbol, orientación deportiva e padel, dun xeito lúdico e non competitivo, co único requisito de saber nadar para as actividades de auga.

 

IDADES: 10-15 anos (1997-2002)

 

REQUISITO: saber nadar

 

DATAS: de luns a venres do 6 ao 10 de agosto

 

HORARIO: de luns a xoves de 10-13,30 h. e de 16,30 – 20 h. O venres de 10 a 20 h.

 

PRAZAS: 60

 

COTA DE PARTICIPACIÓN: 45 € (custo real 251€)

 

MATERIAL: roupa axeitada para a práctica deportiva, gorra e crema solar, así como unha cantimplora con auga e algún caramelo ou froita.

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu

 

Ver documento PDF