CAMPAMENTO URBANO II. PONTEVERÁN 2012

89

Lugar: Colexio Álvarez Limeses

 

Desenvolverase no colexio Álvarez Limeses  e por espazos da nosa cidade, ademais dunha acampada na parroquia de santo André de Xeve. Os nenos e nenas gozarán con actividades como obradoiros, animación á lectura, músicas do mundo, xogos, excursións, xincanas, actividades acuáticas, sendeirismo…

 

IDADES: 8-12 anos (nados 2000-2004)

 

DATAS: de luns a venres do 16 ao 27 de xullo

 

HORARIO: de 10 a 14 h. de luns a venres, agás o día da acampada cun horario intensivo.

 

PRAZAS: 50

 

COTA DE PARTICIPACIÓN: 40 € (custo real 120 €)

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu

 

As INSCRICIÓNS ORDINARIAS faranse POR RIGOROSA ORDE DE CHEGADA E A PARTIR DO 7 DE XUÑO. Daranse  48 horas de prazo para formalizar a inscrición dende a entrega da documentación.

 

PRIORIZARANSE PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DE PONTEVEDRA, agás no caso de acollemento de nenos/as. As demais persoas interesadas  poderán inscribirse por orde de chegada na listaxe de espera de cada actividade.

 

Só se entregarán 2 FICHAS DE INSCRICIÓN POR PERSOA, agás no caso de familiares directos e no campamento de Salcedo.

 

DEVOLUCIÓN DA COTA DE INSCRICIÓN  só cando esta sexa anulada e se xustifique adecuadamente por causas médicas ou laborais e antes do inicio da actividade.

Ver documento PDF