Lugar: Casa Azul (Rúa Sor Lucía, nº 2, 3º)
Horario: sesións de 10,30 a 13,30h. agás a primeira de 11,30-13,30 h.
Curso de iniciación á fotografía analóxica e dixital, ademais de dedicar algunha sesión á Lomografía. Programa de contidos:
– Coñecementos básicos. Cámaras analóxicas e dixitais. Lomografía
– Partes da cámara. Técnica e luz
– Saída a fotografar (dixital)
– Regras de composición (luz, cor, textura, puntos fortes…)
– Saída a fotografar (analóxico)
– Revelado no laboratorio
– Saída a fotografar (dixital)
– Laboratorio dixital (Photoshop)
– Laboratorio
IDADES: 16-30 anos
DATAS: 9, 10, 12, 13, 16, 17 e 18 de xullo
PRAZAS: 15
COTA PARTICIPACIÓN: 20 € (custo real 64 €)
IMPARTE: Noelia Riveiro
MATERIAL: cada participante debe ter a súa cámara ben sexa réflex, compacta, analóxica ou dixital e un "pen drive".
Inscricións por rigorosa orde de chegada, a partir do 7 de xuño.
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu