INICIACIÓN AO CLOWN. PONTEVERÁN 2012

69

Lugar: Casa Azul (Rúa Sor Lucía, nº 2, 3º)

Horario: 10-14h.

 

Descubrir o paiaso que cada persoa leva dentro é unha fermosa viaxe na que mentres nos divertimos xogando, tamén aprendemos a aceptar o mellor e o peor de nós. Por medio do xogo e das improvisacións exploraremos o noso sentido do humor, deixando a un lado o medo ao ridículo e a vergoña. Traballaremos a escoita, o ritmo, o foco, a inocencia, o éxito e o fracaso. Aprenderemos os principios básicos do clown e a súa técnica, pero sobre todo, aprenderemos a tocar ao público dende o xogo das emocións. Nunha semana coñecerás moito máis sobre o teu clown, pero tamén sobre ti !! Este verán pon o nariz colorado!!

 

IDADES: 15-30 anos

 

DATAS: do 2 ao 6 de xullo

 

PRAZAS: 16

 

COTA PARTICIPACIÓN: 10 €  (custo real 44 €)

 

IMPARTE: Marián Bañobre (LLuLLu Teatro)

 

MATERIAL: roupa cómoda

 

Inscricións por rigorosa orde de chegada, a partir do 7 de xuño.

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu

 

Ver documento PDF