Lugar: praia da Xunqueira en Ponte Sampaio. Instalacións do Clube Río Verduxo
Horario: de luns a venres, de 12 a 13:30 h.
Cursos impartidos polo monitorado do Club Río Verdugo de Piragüismo, cos que se pretende que nenos/as e mozos/as coñezan unha actividade deportiva e recreativa coa que poder ocupar o seu tempo de lecer. Cada curso terá unha duración de 10 días ao longo dos cales o monitorado desenvolverá un programa de actividades que inclúe preparación física, exercicios de técnica elemental para o manexo da piragua, xogos, natación, nocións teóricas elementais, coñecemento das medidas de seguridade.
IDADES: 9-15 anos
REQUISITO: saber nadar
DATAS: de luns a venres
1º Do 2 ao 13 de xullo
2º Do 16 ao 27 de xullo
3º Do 30 de xullo ao 10 de agosto
PRAZAS: 12 por curso (36 prazas totais)
COTA DE PARTICIPACIÓN: 20 € (custo real 59 €)
IMPARTE: Club de piragüismo Río Verduxo de Ponte Sampaio
MATERIAL: roupa fresca para mollar, unha gorra e auga
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Club de Piragüismo Río Verduxo – Praia da Xunqueira s/n – Ponte Sampaio (Pontevedra). Tel. 669 455 451 ou 686 929 934 (chamar polas tardes).
As INSCRICIÓNS ORDINARIAS faranse POR RIGOROSA ORDE DE CHEGADA E A PARTIR DO 7 DE XUÑO. Daranse 48 horas de prazo para formalizar a inscrición dende a entrega da documentación.
PRIORIZARANSE PERSOAS EMPADROADAS NO CONCELLO DE PONTEVEDRA, agás no caso de acollemento de nenos/as. As demais persoas interesadas poderán inscribirse por orde de chegada na listaxe de espera de cada actividade.
Só se entregarán 2 FICHAS DE INSCRICIÓN POR PERSOA, agás no caso de familiares directos e no campamento de Salcedo.
DEVOLUCIÓN DA COTA DE INSCRICIÓN só cando esta sexa anulada e se xustifique adecuadamente por causas médicas ou laborais e antes do inicio da actividade.