PRODUCIÓN E ORGANIZACIÓN DE EVENTOS MUSICAIS (75h). PONTEVERÁN 2012

48

Lugar: Local de Música Municipal de Pontevedra

Horario: 9-14h. (fase teórica). Prácticas en xullo e agosto

 

Este curso ten como obxectivo amosar todos os aspectos relevantes a ter en conta á hora de producir espectáculos musicais. Presencial con clases teóricas e prácticas. Realizarase un traballo final. Na fase teórica exporanse os contidos e revisaranse casos reais; a fase práctica consistirá na análise da produción de varios eventos que se realizarán en Pontevedra no verán e no deseño dun traballo final de execución dun evento musical vinculado ao Local de Música.

 

IDADES: 16-30 anos

 

PRAZAS: 20

 

DURACIÓN: 75 h.

 

COTA PARTICIPACIÓN: 30 € (custo real 225 €)

 

Inscricións por rigorosa orde de chegada, a partir do 7 de xuño.

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14h. xuventude@pontevedra.eu

 

 

Ver documento PDF