RUTAS EN KAIAK DE MAR POLAS RÍAS. PONTEVERÁN 2012

68

Lugar: Aldán, ría de Vigo e ría de Pontevedra.

Horario: todo o día

 

Percorridos recreativos en kaiak de mar guiadas por monitorado do Club de Piragüismo Vilaboa, Nivel de iniciación. Os itinerarios decidiranse en función das características e preferencias do grupo participante. Non é necesario saber remar pero si ter certo nivel físico para a resistencia.

 

IDADES: 16-30 anos

 

DATAS: 

14 de xullo. Ría de Aldán

25 de xullo. Ría de Pontevedra

26 agosto. Ría de Vigo (visita á Illa de San Simón)

 

HORARIO: todo o día. Nas rutas de Aldán e ría de Vigo será necesario o desprazamento do grupo  en autobús, con saída ás 11h. do Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra e regreso ao mesmo sitio sobre as 20h. A ruta da ría de Pontevedra terá saída dende a propia cidade de Pontevedra, na praia fluvial do río Lérez.

 

PRAZAS: 15 por ruta (45 prazas totais)

 

COTA DE PARTICIPACIÓN: 15 € (custo real 50 €). Inclúe material da actividade e desprazamentos.

 

IMPARTE: Club de Piragüismo de Vilaboa

 

MATERIAL: roupa e calzado fresco para mollar, unha gorra, comida, auga para a actividade e muda completa para cambiarse ao remate.

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu

Ver documento PDF