A MOUREIRA ENLOUQUECIDA: MARATON FOTOGRÁFICO. PONTEVERÁN 20012

50

LUGAR: punto de encontro para inicio da actividade no palco de música da Alameda

HORARIO: 11-13 h.

 

Hoxe en día o barrio da Moureira perdeu o recordo do seu próspero pasado, polo que vos propomos un xogo de pistas e percorrido polas tres zonas que a compoñen, coa pretensión de recuperar eses momentos do pasado buscando elementos que aínda se manteñen no presente. Este itinerario relaciónase coa reconstrución da historia seguindo unhas pistas. O xogo rematará cando se conclúa o circuíto e se superen as probas satisfactoriamente, tendo que chegar ao punto de encontro marcado. Formaranse 5 grupos coas persoas inscritas. O premio para o grupo gañador consistirá nun bono de 30 euros para cada membro do grupo, co que poderán mercar libros.

 

IDADES: 14-30 anos

 

COTA DE PARTICIPACIÓN: gratuita


IMPARTE: Etnoga Patrimonio Cultural S.L.


MATERIAL: unha cámara de fotos ou móbil con cámara por grupo

 

Inscricións por rigorosa orde de chegada, a partir do 7 de xuño.

 

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Oficina Municipal de Xuventude de Pontevedra. r/ Sor Lucía, 2, 3º, tel. 986 840 367 de luns a venres de 9 a 14 h. xuventude@pontevedra.eu

 

 

 

 

Ver documento PDF