Lugar: UNED Pontevedra
XXIII EDICIÓN DOS CURSOS DE VERÁN DA UNED
A crise enerxética, agravada pola crise xeral que atravesamos, aumenta de forma imparable a factura enerxética e pon máis que nunca de relevo a importancia crecente que as enerxías renovables autóctonas deben adquirir na estrutura enerxética da sociedade actual. O curso céntrase nas principais enerxías renovables que xa conseguiron certa implantación xeneralizada, así como as que se espera implantar proximamente. Preséntase e discute a súa situación actual dende distintos puntos de vista, analizando os principais problemas tecnolóxicos e socio-económicos que retardan a súa implantación xeneralizada.
+info sobre os cursos e prezos das matrículas no 986 851 850 ou en negociadodealumnos@pontevedra.uned.es
www.uned.es/cursos-verano