A Carballeira dos Gafos acolle esta tarde a pesentación do libro Poema río dentro de Maio, mes da lingua

67

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría, como aquelas froito do traballo de diferentes asociacións e colectivos do concello, sensibilizados coa promoción da lingua galega.

A programación para hoxe, mércores, 30 de maio é:

• Billarda na Alameda De 11.30 h a 13.30 h na Alameda. Organizan: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra e  Asociación Eco-cultural Bateas. Participaron os CEIP de Lérez, Parada-Campañó, San Martiño-Salcedo, Campolongo, Xeve. Participaron 213 participantes simultaneamente.
• Presentación do Libro Colectivo Poema río. Ás 20.30 h na carballeira do Gafos (rúa Alcalde Hevia). Organiza: Concellaría de NL-Concello de Pontevedra. Colabora: Vaipolorrío.

Programación para xoves, 31 de maio:

• Cinema en galego: “A pedra do lobo”. Ás 21 horas no Teatro Principal. Entrada de balde ata completar aforo.
Presenta  Alberte Pagán. Organizan: Cineclube Pontevedra e Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.