O alcalde presenta aos veciños de Cerponzóns a creación dunha plataforma loxística ou porto seco en Liborei

55

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira delegada da parroquia de Cerponzóns, Pilar Comesaña manteñen esta tarde unha reunión co Consello parroquial no Local social de A Meán para informarlle da proposta do Concello de crear un porto seco no lugar de Liborei.

A petición dos veciños, o alcalde informará ao Consello parroquial da proposta do Concello de habilitar estes terreos de máis de 450.000 metros cadrados perfectamente conectados co ferrocarril, coa AP-9, próximo ás estradas de Santiago e Vilagarcía, e equidistante aos portos de Marín e de Vilagarcía, como plataforma loxística ou porto seco.

Tamén lembrará que esta proposta xa foi trasladada á ministra de Fomento, Ana Pastor na súa recente visita ao Concello de Pontevedra, dado que a competencia de creación desta plataforma está nas mans da Xunta de Galicia e de Portos do Estado.