Este sábado volve Ponte Wapa!!

61

 A Concellaría de Parques e Xardíns xa ten todo listo para celebrar o sábado, 2 de xuño, a quinta edición de Ponte Wapa!!, a xa esperada entrega de plantas. Como en anos pasados, será na praza de Galicia, a partir das 11.30 horas.

Tres casetas servirán para distribuír máis de 4.000 plantas encargadas (petunias, xeranios –zonais e colgantes- e alegrías de Guinea). Nelas estará o Alcalde de Pontevedra e a concelleira de Parques e Xardíns  Anxos Riveiro.

A entrega de plantas estará complementada por música a cargo do grupo Apeles, e dos bailes do grupo de animación Rivel, que tamén porá en marcha obradoiros de globoflexia, maquillaxe e flores aromáticas para nenos.

Con esta actividade, a concellaría quere que os veciños de Pontevedra engalen os balcóns e as fiestras das súas casas de xeito que a cidade luza máis bela nesta primavera e no verán.

E