Maio, mes da lingua chega ao seu fin coa tradicional recepción ás asociacións

47

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra organiza como cada ano o programa Maio, Mes da Lingua, que este ano chega á oitava edición. Trátase dun conxunto de actividades, orientadas á promoción do uso e do prestixio da lingua galega, que aglutinan tanto actividades organizadas pola propia Concellaría, como aquelas froito do traballo de diferentes asociacións e colectivos do concello, sensibilizados coa promoción da lingua galega.

A programación para este vernes, 1 de xuño é:

• Recepción fin de Maio, mes da lingua: Do alcalde ás asociacións da cidade. Ás 20.30 horas na Casa das Campás. Organiza Concellaría de NL-Concello de Pontevedra.