A Xunta de Goberno aproba licitación da accesibilidade no ámbito da praza da Ferraría

68

A Xunta de Goberno Local aproba esta mañá a licitación do proxecto de mellora da accesibilidade na praza da Ferraría. O proxecto foi presentado polo concelleiro responsable do centro histórico, Luís Bará, quen explicou que esta reforma é consecuencia do convenio entre o Concello, o Imserso e a ONCE para mellorar a accesibilidade en toda a contorna da praza. Melloraranse os espazos do Paseo Odriozola ata o seu entronque coas rúas Laranxo e Pasantería, e se prolongará ata a rúa San Román.

O traballo consistirá na colocación do pavimento a nivel da praza da Ferraría, eliminando as barreiras arquitectónicas deste ámbito.

A praza da Ferraría experimentou distintas modificacións nos últimos 150 anos, moitas de las vinculadas ás innovacións tecnolóxicas e a motorización da sociedade. Inicialmente, a praza da Ferraría atopábase a nivel coas súas rúas perimetrais. No ano 1986 fíxose unha reforma de toda a praza con pedra de derrubes do porto de Marín, pedra que tiña moitos danos e estaba afectada pola salitre, de aí que se rompa con certa facilidade.

O proxecto que agora se licita ten un importe de 170.000 euros cales 100.000 euros son unha achega do Concello e o resto achéganno o Imserso e a ONCE. O pavimento ten un custe duns 90.000 euros e máis de 24.000 euros a renovación de todos os servizos: auga, saneamento, gas, electricidade e telecomunicacións.

O convenio ten un prazo de xustificación do 30 de abril de 2013, e a previsión municipal é que as obras comecen despois do verán, logo da Feira Franca.

Este proxecto non inclúe a reposición do pavimento da praza da Ferraría, aínda que teña algúns problemas. Inicialmente, a proposta municipal era moito máis ambiciosa, pero a axuda dos organismos estatais quedou en 70.000 euros, polo que o Concello acordou rebaixar as súas pretensión, eliminando as barreiras arquitectónicas nas rúas perimetrais.

Nembargantes, o Concello si reparará lousas da praza da Ferraría. Son obras básicas e urxentes do pavimento de pedra roto, especialmente polo tránsito de vehículos pesados. Estes traballos incluiranse dentro do contrato de mantemento que o Concello ten para o centro histórico, co que xa se están a repoñer as tapas de rexistro en distintas zonas da zona monumental. Tamén se fan limpezas de pintadas, melloras de pavimento, retirada e colocación de mobiliario…